Babia é un centro de ocio para adultos no que estes poden rememorar diferentes sensacións e experiencias da infancia nun ámbito adaptado especificamente para eles. Céntrase en ofrecer un espazo e unhas actividades encamiñadas exclusivamente a que os adultos divírtanse a través do "infantil", entendendo iso último como algo puramente lúdico, desenfadado, deshibido e extrovertido. Unha vía de escape dende unha sociedade e un modo de vida totalmente estructurado e ríxido, cara a unha visión hedonista na que o xogo forma parte do universo máis primario e simbólico do home. Esta última reflexión é o punto de partida na realización da nosa imaxe para Babia. Na imaxe que propoñemos para Babia percorremos para a súa elaboración a unha etapa primitiva non só na vida dunha persoa senón na historia do home, xa que, como dixemos anteriormente, está aí na súa etapa inicial cando desenvolve en maior grao a fantasía, a imaxinación e a creatividade. Este concepto atopámolo nas sombras con mans ou nas coñecidas "sombras chinescas". O deseño do símbolo está formado por dúas siluetas de dúas mans dispostas de tal maneira que asemellan dúas aves voando conseguindo así o efecto das sombras chinescas desexado, non obstante, este xogo ou efecto lúdico trasládanos a un mundo de imaxinación, ilusión, fantasía e creatividade que nos sorprende cando somos pequenos e cando xa somos maiores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario